2011/11/13

ISTO NON É MAXIA É CIENCIA

Semana da Ciencia no colexio A Purísima

Aproveitando que este é o Ano Internacional da Química , os alumnos de 4º de ESO realizarán unha serie de experimentos e posteriormente darán a explicación oportuna.

O taller de química terá lugar a semana do 21 ao 25 de novembro, no laboratorio do noso colexio, e a él asistirán distintos grupos de alumnos da ESO e EP.

2011/11/10

O lobo, coñecelo

Os alumnos de 2º da ESO, asistiron hoxe a unha charla sobre o lobo na Aula da natureza do río Miño.
Faláronnos da bioloxía e fisioloxía deste mamífero, da súa alimentación, lugares onde se atopa, facendo especial referencia ó noroeste peninsular, das ameazas da especie, da sua relación co home e da importancia deste depredador nos ecosistemas.

As explicacións, as imaxes e os vídeos sobre os seus comportamentos resultaron moi interesantes. Contáronnos que todo este material gráfico fora tomado de exemplares en liberdade, coa dificultade que iso supón.

As lendas sobre lobos, a mala fama que teñen e os desafortunados encontros cos gandeiros ou pastores nalgunha ocasión, orixinan falsas crenzas polas que son perseguidos. É importante coñecelo para poder ser críticos coas noticias, "falsas noticias" que podemos atopar algunhas veces na prensa, televisión,...

Curioso foi ter nas mans un cráneo de lobo, observar os afiados dentes dos que dispoñen para arrincar e desgarrar as súas presas. Destas aproveitan case todo, podendo chegar a comer 6 kg de carne dunha vez. Aínda que seguramente parte deste manxar regurxitarano para alimentar as súas crías.

Os mastíns, expertos en coidar aos rebaños de ovellas, levan colares coma estes que os protexen en caso de ter un cara a cara co lobo, pouco habitual cando o lobo sabe que este can anda preto.
Hai sitio para todos. Tomando as medidas axeitadas, podemos convivir sen ningún problema con esta especie.

"...pensaba que eran moi agresivos e perigosos, pero descubrín que favorecen moito os ecosistemas e non son tan malos como pensan moitas persoas" (Lucia S)

"...encantoume porque o lobo é un dos meus animais preferidos y gústame saber cousas sobre el. Gustoume observar o cráneo e os videos que se amosaron. Son animais moi interesantes." (Guillermo A)

"...pensei que o lobo pesaba máis, un máximo de 45kg, e normalmente entre 35-40kg" (Álvaro de L)

"...os machos son máis grandes cas femias, poden chegar a pesar uns 45kg e medir 1,20 m." (Melanie D)

"...non son tan malos como din, e o ver as persoas escapan co rabo entre as pernas" (MLuisa R)

"...o lobo ibérico é moi importante nos ecosistemas, foi moi interesante" (Ángela A)

"...eu pensaba que eran moito máis agresivos e que non escapaban tan fácilmente."(Lara C)

"...pensaba que os lobos eran máis perigosos e descubrín que non o son tanto. Chamoume a atención que os cans matan máis gando que os lobos." (Aarón S)

"Chamoume a atención que teñan un cráneo tan pequeno, e que pesan bastante pouco,como moito uns 45kg, que só unha parella da manada se reproduce e a media das camadas é de 5 lobos." (Ana P)

"cambiou a miña opinión sobre os lobos, se os deixamos vivir en liberdade, eles non teñen porque facernos mal" (Beatriz L)

"...o que máis me sorprendeu foi o cráneo, pensei que sería máis grande." (Pablo C)


"...moita xente pensa que son eles os causantes da morte do gando, e non sempre o son." (Alejandro R)

"...a mala fama que teñen, moitas veces é mentira, coma o de que atacan ó home..." (Sara F)

"...os lobos habitaron moitos lugares, e agora quedan poucos exemplares." (Pablo D)

"...pensaba que atacaban as persoas, e resulta que escapan delas" (Carmen G)


"...descubrín moitas cousas sobre un animal tan importante nos ecosistemas, e que non é tan malo como o pintan" (Martín G)

"...os medios de comunicación esaxeran sobre os lobos" (Beatriz P)

"...o lobo non está moi ben visto, porque é un gran depredador" (Álvaro A)


"...case todo o mundo odia os lobos, pero non son tan malos" (Melissa G)

"...temos que respetar aos lobos" (Jorge J)