2012/01/23

Forges, libros e humor

Forges, un crack!! 

Antonio Fraguas de Pablo, coñecido como Forges, nado en Madrid o 17 de xaneiro de 1942, é un humorista gráfico español, colaborador habitual do diario El País.







Deixanos un comentario, recomendando algún libro que che gustara ler.

2012/01/19

O mel

Na Aula da Natureza do río Miño

 Onte, os alumnos de 2º da ESO asistiron a unha charla-taller sobre o mel, levada a cabo por un apicultor profesional.

Falounos do marabilloso mundo das abellas e dos produtos cos que nos obsequian. Ata nos deu a probar mel e cada un fixo a sua propia candea con cera dos paneis. Unha experiencia para repetir. 




O mel que probamos é de urce e procede da Serra do Suído. Posúe certificación ecolóxica, pola ausencia de contaminantes na área que percorren as abellas.



Paneis de cera






Colocamos a mecha

Os apicultores colocan estes paneis de cera reciclada nas colmeas, para facilitar o traballo das abellas.

Facemos un rolo 

Poñemos un anaco de cera de base














Aprendemos unha morea de cousas. Sabías que...?
  • os exipcios foron o primeiro pobo do que temos constancia de que recolectase mel
  • so hai unha abella raíña na colmea, pode vivir ata 5 anos e é a única femia fértil
  • para que naza unha raíña, as obreiras alimentan unha larva só con xalea real
  • todas as larvas son alimentadas durante tres días con xalea real
  • os zánganos viven arredor de 30 días, non teñen aguillón, proceden dos ovos que non foron fecundados e a súa función e fecundar a raíña
  • os záganos viven en primavera-verán
  • as obreiras viven arredor de 30 días, son as que máis abundan na colmea e non son fértiles
  • unha colmea pode ter ata 50 000 abellas, a maioría obreiras
  • cando as obreiras saen a recoller polen, néctar, auga ou propóleo poden afastarse ata 10 km da súa casa
  • as obreiras saen da colmea arredor do día 21 despois de nacer
  • as abellas comunícanse cos seus movementos, realizan distintos tipos de danzas, en círculo ou en forma de oito, para indicar ás demáis a localización exacta dun punto
  • a temperatura dentro da colmea é duns 35ºC
  • as abellas teñen cinco ollos, dous deles son ollos compostos e ven as imaxes multiplicadas
  • cos pesticidas desoriéntanse, non conseguen regresar á colmea e morren
  • unha das funcións máis importantes que realizan no medio e a polinización das plantas, sen estes insectos moitas deixarían de existir