2012/01/19

O mel

Na Aula da Natureza do río Miño

 Onte, os alumnos de 2º da ESO asistiron a unha charla-taller sobre o mel, levada a cabo por un apicultor profesional.

Falounos do marabilloso mundo das abellas e dos produtos cos que nos obsequian. Ata nos deu a probar mel e cada un fixo a sua propia candea con cera dos paneis. Unha experiencia para repetir. 




O mel que probamos é de urce e procede da Serra do Suído. Posúe certificación ecolóxica, pola ausencia de contaminantes na área que percorren as abellas.



Paneis de cera






Colocamos a mecha

Os apicultores colocan estes paneis de cera reciclada nas colmeas, para facilitar o traballo das abellas.

Facemos un rolo 

Poñemos un anaco de cera de base














Aprendemos unha morea de cousas. Sabías que...?
  • os exipcios foron o primeiro pobo do que temos constancia de que recolectase mel
  • so hai unha abella raíña na colmea, pode vivir ata 5 anos e é a única femia fértil
  • para que naza unha raíña, as obreiras alimentan unha larva só con xalea real
  • todas as larvas son alimentadas durante tres días con xalea real
  • os zánganos viven arredor de 30 días, non teñen aguillón, proceden dos ovos que non foron fecundados e a súa función e fecundar a raíña
  • os záganos viven en primavera-verán
  • as obreiras viven arredor de 30 días, son as que máis abundan na colmea e non son fértiles
  • unha colmea pode ter ata 50 000 abellas, a maioría obreiras
  • cando as obreiras saen a recoller polen, néctar, auga ou propóleo poden afastarse ata 10 km da súa casa
  • as obreiras saen da colmea arredor do día 21 despois de nacer
  • as abellas comunícanse cos seus movementos, realizan distintos tipos de danzas, en círculo ou en forma de oito, para indicar ás demáis a localización exacta dun punto
  • a temperatura dentro da colmea é duns 35ºC
  • as abellas teñen cinco ollos, dous deles son ollos compostos e ven as imaxes multiplicadas
  • cos pesticidas desoriéntanse, non conseguen regresar á colmea e morren
  • unha das funcións máis importantes que realizan no medio e a polinización das plantas, sen estes insectos moitas deixarían de existir

12 comentarios:

  1. foi unha experencia moi divertida e moi educativa o que mas me gustou foi cando nos deron mel e fixemos as velas (alex y pablo 2º de la eso)

    ResponderEliminar
  2. jajaaj, fuuue muy divertido, lo pasamos muy bien, y aprendimos mucho!(: (A.S)

    ResponderEliminar
  3. bueno, a min esta salida pareceume un pouco aburrida, porque ao principio a charla foi demasiado larga e non se me fixo moi interesante, pero logo cando nos deron a probar a mel e puidemos facer a vela coa cera que fan as abellas estuvo moi ben :)

    ResponderEliminar
  4. Ao o principio,na explicación da vida das abellas,pareceume un pouco aburrida,pero ao final cando fixemos a candea,comemos o mel e nos deron as camisetas paseino ben.
    Beatriz Piñeiro.

    ResponderEliminar
  5. Pareceume aburrida a saida.

    ResponderEliminar
  6. A mi esta salida me gustó bastante, aunque al principio me pareció un poco aburrida pero luego se me hizo mucho más amena.
    (Carmen Garrido)

    ResponderEliminar
  7. foi moi interesante,aprendimos moitas cousas das abellas, deronnos mel,fixemos unha vela coa cera das abellas...(2º eso)

    ResponderEliminar
  8. Houbocousas interesantes , pero o chico era un pouco aburrido

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. guillermo alvaroenero 20, 2012

      estuvo bien pero molo mas la del lobo

      Eliminar
  9. Gustoume porque comimos todo o mel que quixemoos,fixemos candeas e regalaronnos camisetas,ainda que aburriume un pouco a explicacion do apicultor.
    Beatriz Losada.

    ResponderEliminar
  10. oa me gusto mucho porque o mel ainda que estaba un pouco liquido

    ResponderEliminar
  11. Me gusto mucho, pero el chico que nos lo expolicó era bastante soso y aburrido, pero por el resto estuvo bien.
    Álvaro de Luis.

    ResponderEliminar