A semana pasada tivemos no cole a nosa particular Semana da Ciencia. Os alumnos de 4º da ESO prepararon, por parellas, unha serie de pequenos experimentos e fixeron de profes cos seus compañeiros de 3º e 2º da ESO. Resultou unha actividade divertida, onde todos se implicaron, fixérono moi ben, e por suposto aprendemos un montón de cousas sobre ...
- a tensión superficial nos líquidos
- o centro de gravidade dos obxectos
- a presión atmosférica
- como afecta a temperatura ós gases
- a relación entre presión e superficie
- as reacción químicas
- a refracción da luz
- ...............
Os alumnos de catro cursos de EP tamén se pasaron polo laboratorio. Estaban encantados, moi atentos as explicacións, sorprendidos e con moito interés por saber, por descubrir, por experimentar. A maioría saía do laboratorio querendo ser "científico" dicíanme; quen sabe, pode que entre eles estea un gran físico ou químico!! O importante foi potenciar neles a curiosidae natural que xa teñen, o interés por decubrir o porqué das cousas.
TAPADE AS ORELLAS!!! EHHHHHHH!!!
PARECE QUE ISTO VAI DE GLOBOS. QUE LLE PASA A ESTE ??????
Todos atentos que a profe vai facer maxia.
A MAXIA NON EXISTE
ISTO É CIENCIA
Unha actividade moi interesante
ResponderEliminarfoi moi boa esperencia no laboratorio e asi de paso os outros alumnos poderon divertirse un rato e mais os profesores tamen se riron porque alguns experimentos eran moi bos . ( jorge conde 4 de la eso)
ResponderEliminar