2012/03/09

Unha afición, a lectura

Boas a todos, chámome  Manoel Taxes. Eu sempre xogaba cos meus amigos ás agochadas, ao fútbol etc… pero, sempre me gustou a lectura; esa sensación  de pasar da realidade á un mundo alleo, vivir aventuras cos nosos personaxes preferidos, viaxar por mundos extraordinarios,…

Non recordo cando empezou esta afición, pero cando encontro un libro que me gusta, leo a todas horas.



Eu recoméndovos, aos que lles gustan os videoxogos, que lean "Metro 2033", a única novela da cal xurdiu un xogo para o pc, PS3 e Xbox360 co título "Metro 2033". Tamén está S.T.A.L.K.E.R. que foi una saga de xogos ilustrada nunha película.

Para min, a lectura é a capacidade de imaxinar, crer e ilustrar mundos completamente distintos, con ideoloxías distintas.

Tamén me gusta ler mentres escoito música; Hard Rock Cristiano (Skillet).

Pero paréceme excesivo o prezo dos libros, xa que como mínimo nun trimestre só os libros obrigatorios de lectura do cole, xa custan uns euros. Unha forma económica é que os alumnos acudan os préstamos da biblioteca ou intercambiar cos compañeiros. 

Por Manoel Taxes Fernández, 3º da ESO

2012/03/02

Astronomía : unha ollada ó ceo

Astronomía (do grego: αστρονομία = άστρον + νόμος, etimolóxicamente a "lei das estrelas") é a ciencia que se ocupa do estudo dos corpos celestes, os seus movementos, os fenómenos ligados a eles, o seu rexistro e a investigación da súa orixe.



Os alumnos de 4º da ESO asistiron este mércores a unha charla sobre astronomía, observación solar incluida . Resultou moi interesante escoitar a Jose Antonio, un afeccionado a astronomía que compartiu connosco os seus coñecementos. Se che interesa esta ciencia podes coñecer máis na A.A.O. (Asociacion de Astronomía de Ourense), pincha aquí.

Estas son algunhas curiosidades que nos contaron.  Sabías que...?
  • O sol é unha estrela, e a súa luz tarda 8 min en chegar a Terra
  • Hai estrelas brancas, amarelas, azuis, marróns, vermellas,...
  • As estrelas van medrando ata explotar
  • Caen toneladas de pequenas partículas, do espazo exterior á Terra cada ano
  • O sol chegará a ser unha xigante vermella
  • A lúa non rota, senón que se traslada arredor da Terra
  • No noso sistema solar hai catro planetas con aneis
  • Coñecer as estrelas e a natureza, axudaranos a orientarnos
  • O sol está na metade da súa vida
  • O sol formouse a partir dunha nebulosa
  • Non podemos tomar fotografías da Vía Láctea, xa que non existe ningún medio de transporte que poida saír dela
  • Nunha das lúas de Xupiter, detectáronse indicios de que baixo a capa de xeo pode existir algunha forma de vida
  • A observación solar témola que facer cun telescopio solar, apto únicamente para ver esta estrela 
  • ...




Poder dispoñer deste telescopio solar e observar unha imaxe distinta e máis real do Sol, foi todo un privilexio.