Boas a todos, chámome Manoel Taxes. Eu sempre xogaba cos meus amigos ás agochadas, ao fútbol etc… pero, sempre me gustou a lectura; esa sensación de pasar da realidade á un mundo alleo, vivir aventuras cos nosos personaxes preferidos, viaxar por mundos extraordinarios,…
Non recordo cando empezou esta afición, pero cando encontro un libro que me gusta, leo a todas horas.
Eu recoméndovos, aos que lles gustan os videoxogos, que lean "Metro 2033", a única novela da cal xurdiu un xogo para o pc, PS3 e Xbox360 co título "Metro 2033". Tamén está S.T.A.L.K.E.R. que foi una saga de xogos ilustrada nunha película.
Para min, a lectura é a capacidade de imaxinar, crer e ilustrar mundos completamente distintos, con ideoloxías distintas.
Tamén me gusta ler mentres escoito música; Hard Rock Cristiano (Skillet).
Pero paréceme excesivo o prezo dos libros, xa que como mínimo nun trimestre só os libros obrigatorios de lectura do cole, xa custan uns euros. Unha forma económica é que os alumnos acudan os préstamos da biblioteca ou intercambiar cos compañeiros.
Por Manoel Taxes Fernández, 3º da ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario