A biblioteca do Centro, acolleu a rapaces e rapazas que traían os títulos que máis lles gustaron para aconsellarllos ós compañeiros.
Este lugar, xunto cas bibliotecas de aula, facilitan distintas obras de todos os xéneros os estudantes, pero moitos prefiren traer as lecturas da casa.
Na tertulia falouse tamén sobre a próxima entrega do Premio Cervantes o vindeiro 23 de abril, Día do Libro. Curiosa lles resultou a vida e obra do homenaxeado, o poeta chileno Nicanor Parra, creador da corrente literaria "antipoesía".
O encontro rematou co proxecto de ter outro durante a Semana do Libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario