2012/04/28

SEMANA DO LIBRO

      Os estudantes da ESO prepararon diversas actividades para festexar, por todo o alto, esta singular data.
      Destacou de xeito especial a Exposición Fotográfica que realizaron os grupos de 3º e 4º da ESO.
     Aquí tedes algunhas fotos:


      A súa obra estaba acompañada de diversos lemas sobre a lectura, a maioría propios e outros de recoñecidos autores.
     O colexio mostrou ademais, murais onde os rapaces recomendaban as súas lecturas preferidas.
Ansiada foi a presencia do escritor Alfredo Gómez Cerdá, que acudiu ó noso colexio para compartir con todos experiencias e anécdotas literarias.

Alfredo Gómez Cerdá agasalla ós seus
xoves lectores cunha dedicatoria.
Alba, Patricia G., Nerea, Laura, María, Lucía e Patricia F.
co seu libro firmado
     Finalmente, o grupo de teatro do centro, Axóuxere, ofreceu un contacontos ós alumnos de E.I e 1º de E.P. O relato titulábase A vaca que puxo un ovo.


2012/04/23

Exposición: DíaDoLibro2012

Con motivo do Día do Libro, montamos unha exposición fotográfica no salón de actos do colexio. Estará toda a semana, para que a poidan ver pais, alumnos ou calquera persoa, de maneira gratuíta.

O material exposto, fotos e carteis, foi realizado polos alumnos do 2º ciclo da ESO, coa colaboración das titoras.

Esperamos que a visitedes, e que nos contedes que vos parece.


2012/04/01

TERTULIAS LITERARIAS

     Aproveitando a chegada das vacacións de Semana Santa, os estudantes da ESO tiveron un encontro para o intercambio de libros.

     A biblioteca do Centro, acolleu a rapaces e rapazas que traían os títulos que máis lles gustaron para aconsellarllos ós  compañeiros.

 
   Este lugar, xunto cas bibliotecas de aula, facilitan distintas obras de todos os xéneros os estudantes, pero moitos prefiren traer as lecturas da casa.


     De calquera xeito, estes encontros literarios permiten un intercambio de impresións, que facilitan ir coñecendo os seus gustos: novela romántica, aventuras e de terror, son tal vez, as que máis atraen.
      Na tertulia falouse tamén sobre a próxima entrega do Premio Cervantes o vindeiro 23 de abril, Día do Libro. Curiosa lles resultou a vida e obra do homenaxeado, o poeta chileno Nicanor Parra, creador da corrente literaria "antipoesía".
     O encontro rematou co proxecto de ter outro durante a Semana do Libro.