2012/03/09

Unha afición, a lectura

Boas a todos, chámome  Manoel Taxes. Eu sempre xogaba cos meus amigos ás agochadas, ao fútbol etc… pero, sempre me gustou a lectura; esa sensación  de pasar da realidade á un mundo alleo, vivir aventuras cos nosos personaxes preferidos, viaxar por mundos extraordinarios,…

Non recordo cando empezou esta afición, pero cando encontro un libro que me gusta, leo a todas horas.



Eu recoméndovos, aos que lles gustan os videoxogos, que lean "Metro 2033", a única novela da cal xurdiu un xogo para o pc, PS3 e Xbox360 co título "Metro 2033". Tamén está S.T.A.L.K.E.R. que foi una saga de xogos ilustrada nunha película.

Para min, a lectura é a capacidade de imaxinar, crer e ilustrar mundos completamente distintos, con ideoloxías distintas.

Tamén me gusta ler mentres escoito música; Hard Rock Cristiano (Skillet).

Pero paréceme excesivo o prezo dos libros, xa que como mínimo nun trimestre só os libros obrigatorios de lectura do cole, xa custan uns euros. Unha forma económica é que os alumnos acudan os préstamos da biblioteca ou intercambiar cos compañeiros. 

Por Manoel Taxes Fernández, 3º da ESO

2012/03/02

Astronomía : unha ollada ó ceo

Astronomía (do grego: αστρονομία = άστρον + νόμος, etimolóxicamente a "lei das estrelas") é a ciencia que se ocupa do estudo dos corpos celestes, os seus movementos, os fenómenos ligados a eles, o seu rexistro e a investigación da súa orixe.



Os alumnos de 4º da ESO asistiron este mércores a unha charla sobre astronomía, observación solar incluida . Resultou moi interesante escoitar a Jose Antonio, un afeccionado a astronomía que compartiu connosco os seus coñecementos. Se che interesa esta ciencia podes coñecer máis na A.A.O. (Asociacion de Astronomía de Ourense), pincha aquí.

Estas son algunhas curiosidades que nos contaron.  Sabías que...?
  • O sol é unha estrela, e a súa luz tarda 8 min en chegar a Terra
  • Hai estrelas brancas, amarelas, azuis, marróns, vermellas,...
  • As estrelas van medrando ata explotar
  • Caen toneladas de pequenas partículas, do espazo exterior á Terra cada ano
  • O sol chegará a ser unha xigante vermella
  • A lúa non rota, senón que se traslada arredor da Terra
  • No noso sistema solar hai catro planetas con aneis
  • Coñecer as estrelas e a natureza, axudaranos a orientarnos
  • O sol está na metade da súa vida
  • O sol formouse a partir dunha nebulosa
  • Non podemos tomar fotografías da Vía Láctea, xa que non existe ningún medio de transporte que poida saír dela
  • Nunha das lúas de Xupiter, detectáronse indicios de que baixo a capa de xeo pode existir algunha forma de vida
  • A observación solar témola que facer cun telescopio solar, apto únicamente para ver esta estrela 
  • ...




Poder dispoñer deste telescopio solar e observar unha imaxe distinta e máis real do Sol, foi todo un privilexio.

2012/02/29

2012: Ano bisesto




Un ano común dura 365 días, pero o tempo que tarda a Terra en dar unha volta completa arredor do Sol é de 365 días e 6 horas aproximadamente. A duración exacta é de 365 días 5 horas 48 minutos e 45,25 segundos (365,242190402 días). 

 

Para correxir este desfase, establecéronse os anos bisestos, que consisten en engadir, cada catro años, un día ao mes máis curto (febreiro), de forma que un ano bisesto ten 366 días en total.




No ano 46 antes de Cristo, o emperador Xulio César aprobou o calendario xuliano que incorporou o ano bisesto. O seu sucesor, o calendario gregoriano, incluiu anos bisestos cada catro anos, según un ciclo de 400 anos. A maioría de países foi adoptando este calendario, fixando o primeiro día do ano o 1 de xaneiro.

No calendario xuliano considerábanse bisestos os anos divisibles entre catro. Así, o ano xuliano duraba 365 días + 1/4 = 365,25 días. Pero seguía habendo un desfase debido a que un ano non dura exactamente 365,25 días, senón un pouco menos, de modo que no actual calendario gregoriano adaptáronse novas regras para o cálculo dos anos bisestos.

Segundo o calendario gregoriano, a regra para os anos bisestos é a seguinte:

Un ano é bisesto se é divisible entre 4, excepto que sexa divisible entre 100. Pero si un ano é divisible entre 100 e ademáis é divisible entre 400, tamén resulta bisesto. Esto elimina os anos de fin de siglo (que rematan en 00) divisibles entre 4 e 100.
Aínda así, segue habendo un pequeno desfase de 24,25 segundos por ano, co que se supón que dentro de 3000 anos terase acumulado un día de máis. Pero esto non é completamente predecible xa que, nin as cifras son exactas, nin a velocidade de rotación da Terra se mantén constante ó longo dos séculos.

Por Álvaro de Luis- 2º da ESO