A miña afición pola lectura empezou, cando en 1º da E.S.O, pola segunda avaliación, a profesora de Lingua Castelá, mandounos ler "Historia de un Segundo". Gustoume moito, aínda que é unha novela romántica, e a min
gústanme máis as novelas de acción, aventuras ou de misterio.
Como non teño moito tempo, leo nos cambios de clase e ás veces antes de deitarme.
Para escoller un libro vou a biblioteca e collo algún que me recomendan, ou en ocasións déixanmos os compañeiros. Gústame ler os libros de un en un, porque se les varios á vez, non te enteras de nada. Para min, a lectura é unha forma de pasar o tempo,
se che gusta un libro, o tempo pasa voando.
O último libro que lin foi
"El Testamento Maya"de Steve Alten. Foi o libro que máis me gustou de todos. É moi interesante e engánchate dende o principio. Agora estou lendo
"El Medallón del Arconte"de Anne Laure Bondoux, que tamén é longo, pero estame a gustar bastante.
Por Pablo Domínguez, 2º da ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario