2012/05/31

Lapis e papel: un paseo pola Historia da escritura e os seus soportes

     Onte, os alumnos do 2º ciclo de secundaria, tivemos a saída didáctica deste terceiro trimestre. Aproveitamos o día para facer unha pequena, pero apaixonante viaxe que nos levou dende os inicios das representacións escritas ata a actualidade; orixes da escritura, códigos que usaban, materiais que empregaban para escribir,...

     O museo Verbum é unha casa para as palabras, un lugar onde todos os interesados no mundo da linguaxe e a comunicación, poderán achegarse dunha forma lúdica pero rigorosa ao coñecemento dos idiomas, da literatura e dunha infinidade de temas relacionados coas verbas.

     Interesante e didáctico, resultou o taller sobre “A Imprenta”.

     Creamos un pequeno texto (unha frase célebre) usando tipos móbiles e un tórculo moi especial.Tivemos que ter coidado de non deixar borróns, evitar viúvas (letras ou palabras descolgadas), e buscar un resultado estético. 

Menudo traballo!!! isto axúdanos a ser conscientes da importancia que supuxeron os avances técnicos neste campo.

 

 

 


Pola tarde praia; desconectamos, descansamos e collemos enerxía para rematar o curso

No hay comentarios:

Publicar un comentario