2012/06/29

Vacacións - Verán 2012


Que pasedes un bo verán, desfrutando da cidade, da praia, da montaña, da familia, dos amigos,...



 



E aqueles que tamén lle tedes que adicar algo de tempo ó estudo, lembrade as datas dos exámenes en setembro. 

Sorte a todos!


2012/06/28

A nosa versión do musical "O Rei León"


     Os alumnos de 3º da ESO, dirixidos pola profesora de música, Marta e en colaboración coa profesora de plástica, Susi e os alumnos de 1º e 2º da ESO,  fixeron a súa particular versión do musical O Rei León. Deseñaron o vestiario, a decoración do escenario, os bailes,elaboraron as personaxes do teatro de sombras e movéronas con mestría; a creatividade destes rapaces merece o noso respecto e sincera felicitación. 

    O filme conta a traxedia de Hamlet en Shakespeare, protagonizado por un león en África. Tanto a película coma a súa impresionante banda sonora forman xa parte da nosa memoria cinematográfica.


PARABÉNS!!!

2012/06/22

GRADUACIÓN 4º DA ESO

     Hoxe graduáronse os estudantes de 4º da ESO. A Asociación de Nais e Pais xunto coa dirección do colexio, despediron cun emotivo acto a estes estupendos rapaces e rapazas

     
                            



As familias felicitaron aos seus fillos facendo un orixinal repaso á etapa escolar. 
E  os agasallaron coas orlas e unha orixinal camiseta que recollía a firma de todos os compañeiros.

      
  
Aquí os tedes a todos. Alba B, María R, Laura S, Lucía A, Alba I, Lucía M, Patricia F, Patricia G, Nerea, Tomás, María G, Sara, Laura F, Lezo, Jorge, Mario, Tamara, Moraima, Fernando, Nacho y Francisco.  
     PARABÉNS a todo 4º da ESO! 
     
      Felicitamos  a Montse,  orientadora do centro, pola súa marabillosa montaxe. MAGNÍFICO TRABALLO!

2012/06/15

Exposición de pintura no Museo Municipal. A ARTISTA é a nosa profe de plástica, Susi


Susi, a profesora de plástica na ESO, inagurou onte a exposición de pintura "as cidades da miña ledicia" no Museo Municipal. Estará todo o verán, así que non tedes desculpa para achegarvos e desfrutar do seu impresionante traballo.

"El Museo de Ourense acoge la muestra de María Jesús Ballester sobre viajes" La Voz de Galicia


MUSEO MUNICIPAL DE OURENSE
     Rúa Lepanto, 8 (preto da Catedral)
Horario:
    11 a 13:30 h. e de 18 a 21 h.
    Domingo: 11 a 13.30 h.
    Luns e festivos:cerrado
Prezo: gratuíto 


grazas por compartir con nós os teus éxitos e a túa ilusión

2012/06/08

AXÓUXERE DESPIDE AOS COMPAÑEIROS DE 4º DA ESO


      Este ano, deixan o grupo os actores e actrices de 4º da ESO, moitas grazas polas vosas fantásticas actuacións e moitísima sorte a todos!

Sara, Francisco, Lucía e Tomás, en O enfermo imaxinario

     O grupo de teatro do colexio, Axóuxere, sorprendeu este curso escolar con dúas obriñas e un contacontos.




     A primeira obra Informativo especial de Nadal, un tanto lonxe no tempo; e  O enfermo Imaxinariocon motivo da semana cultural das Letras Galegas, non deixaron indiferente a ninguén. Por outo lado, o contacontos A vaca que puxo un ovolevou o sorriso aos cativos do colexio.

Aquí tedes a todos: Carmen, Ana, Bea, Lucía, Tomás, Sara G, Sara F, Francisco e Iria.

      Agardamos os traballos de Axóuxere para o vindeiro curso , e animámolos moito nas súas andainas artísticas.


2012/06/01

- Un refresco, por favor

Cantidade de azucre que conteñen
Hai refrescos que teñen 600 calorías, case a metade das recomendadas diariamente.

Fotografía e noticia completa en "El País Digital"