Os alumnos de 3º da ESO, dirixidos pola profesora de música, Marta e en colaboración coa profesora de plástica, Susi e os alumnos de 1º e 2º da ESO, fixeron a súa particular versión do musical O Rei León. Deseñaron o vestiario, a decoración do escenario, os bailes,elaboraron as personaxes do teatro de sombras e movéronas con mestría; a creatividade destes rapaces merece o noso respecto e sincera felicitación.
O filme conta a traxedia de Hamlet en Shakespeare, protagonizado por un león en África. Tanto a película coma a súa impresionante banda sonora forman xa parte da nosa memoria cinematográfica.
PARABÉNS!!!
Encantoume. É unha idea moi orixinal para traballar en equipo, ser creativos,aprender dunha forma diferente. . .
ResponderEliminarNoraboa a todos e en especial a Marta, por intentar facer cousas distintas e orixinais.