2012/06/08

AXÓUXERE DESPIDE AOS COMPAÑEIROS DE 4º DA ESO


      Este ano, deixan o grupo os actores e actrices de 4º da ESO, moitas grazas polas vosas fantásticas actuacións e moitísima sorte a todos!

Sara, Francisco, Lucía e Tomás, en O enfermo imaxinario

     O grupo de teatro do colexio, Axóuxere, sorprendeu este curso escolar con dúas obriñas e un contacontos.




     A primeira obra Informativo especial de Nadal, un tanto lonxe no tempo; e  O enfermo Imaxinariocon motivo da semana cultural das Letras Galegas, non deixaron indiferente a ninguén. Por outo lado, o contacontos A vaca que puxo un ovolevou o sorriso aos cativos do colexio.

Aquí tedes a todos: Carmen, Ana, Bea, Lucía, Tomás, Sara G, Sara F, Francisco e Iria.

      Agardamos os traballos de Axóuxere para o vindeiro curso , e animámolos moito nas súas andainas artísticas.


1 comentario:

  1. Uns artistas, sempre é un pracer asistir ás representacións. Sara, Fran, Lucía e Tomás, serán baixas importantes no grupo, esperamos que sigan cultivando esta vea artística e tamén esperamos velos o vindeiro curso entre o público de Axóuxere.

    ResponderEliminar