Onte, os alumnos do 2º ciclo de secundaria, tivemos a saída didáctica deste terceiro trimestre. Aproveitamos o día para facer unha pequena, pero apaixonante
viaxe que nos levou dende os inicios das representacións escritas ata a actualidade;
orixes da escritura, códigos que usaban, materiais que empregaban para
escribir,...
O museo
Verbum é unha casa para as palabras, un lugar onde todos os interesados no mundo da linguaxe e a comunicación, poderán achegarse dunha forma lúdica pero rigorosa ao coñecemento dos idiomas, da literatura e dunha infinidade de temas relacionados coas verbas.
Interesante e didáctico, resultou o taller sobre “A Imprenta”.
Creamos un pequeno texto (unha frase célebre) usando tipos
móbiles e un tórculo moi especial.Tivemos que ter coidado de non deixar
borróns, evitar viúvas (letras ou palabras descolgadas), e buscar un
resultado estético.
Menudo traballo!!! isto axúdanos a ser conscientes da importancia que supuxeron os avances técnicos neste campo.
|
Pola tarde praia; desconectamos, descansamos e collemos enerxía para rematar o curso |