2012/02/10

Campañas solidarias

Hoxe celebranos no colexio o Día do bocata solidario, e queremos saber que se fai co diñeiro que recaudamos, a onde vai destinado, se en verdade contribuimos a mellorar a vida dos máis necesitados. Así que para saber máis sobre as accións misioneiras, entrevistamos a Sor Prudencia, que traballa actualmente en Misións, para saber do seu traballo, do seu día a día e para coñecela un pouquiño mellor

1.    Primeiro gustaríanos coñecer un pouquiño sobre vostede. Cando e onde naceu? Nacín en Porqueirós (concello de Muíños) "Aínda recordo como os rapaces me facían rabiar cambiándolle o acento ao nome do pobo". Nacín un 15 de setembro de 1926.


2.    Vostede foi mestra, que materias impartía? En que colexios estivo? Impartín ciencias e letras ou o que facía falla, estiven nun colexio no que facía falla unha licenciada e do que eu xa fora directora. O último colexio no que impartín din matemáticas, quimíca e ciencias. Recordo que daquelas España era o lugar con mellor cultura nos estudios, e dende fai dous anos atópase no último lugar. "Gústame ensinar e quería ensinar, gustábame ver como aprendían".


3.    Que foi primeiro a vocación de mestra ou de filla da caridade? A vocación por entregarme a Deus sentina facendo uns exercicios espirituais na Trinidade. "Parte da culpa a tiña miña nai porque nos metía a Deus ata no máis íntimo". Con 16 anos xa vin claro que tiña que entregarme plenamente a Deus.

 4.    Cantos anos leva neste Centro? Estiven 20 anos da miña xuventude e logo diso estou aquí dende 1995.


Sabemos que vostede ten moito que ver ca reforma completa do Centro, pero iso ben merece outra entrevista, deixarémolo para outro día. Pero para todos aqueles que teñan curiosidade por coñecer a historia do centro, dende os seus orixes como casa señorial, alá polo ano 1896 ata os nosos días, podedes consultalo aquí.  

5. En que consistía o seu traballo antes de xubilarse? O da reforma como ti dis xa o contarei. O meu traballo consistia en ensinar.

6.    Cal foi o seu primeiro contacto cas misións? No instituto Otero Pedrayo, en 6º de bacharelato con 16 anos, cando vín que dúas rapazas levaban  dous petos para pedir para as misións, falei co sacerdote para informarme e empecei a aforrar cartos para os necesitados.


7.    As fillas da caridade teñen obras misioneiras polo mundo, coñece algunha personalmente? Personalmente non, pero si sei sobre elas.

 8.    Dende cando traballa en Ourense nas misións? Dende os 15 anos, e dende os 22 comecei a levar os grupos.

 
9.    Cantas horas lle adica ó día? Actualmente, a mañá enteira, en concreto 3 horas, e se fai falla vou polas tardes e a veces tamén traio traballo ao colexio.

10.    En que consiste exactamente o seu traballo? En contar o diñeiro que me levan os sacerdotes, escribir o recaudado no ficheiro de cada parroquía ou colexio, tamén doblo a propaganda, pego as etiquetas nos sobres seguíndo unha lista,...

11.    Gustaríanos saber exactamente a onde vai o diñeiro que recaudamos o día do bocata, se a un proxecto concreto, a un fondo de axudas… O proxecto é de Manos Unidas e eu non interveño, pero sei que vai para o desarrollo, por exemplo para facer escolas nos países que o necesiten.


12.    Realmente vale a pena colaborar nestas campañas? Podemos mellorar a vida dos máis necesitados? Sí que vale a pena, sempre se pode mellorar a vida dos demais, aínda que lle des diñeiro e sepas que o vai malgastar a felicidade dese momento non lla quita ninguén.

13.    Que lle diría a aquelas persoas que teñen as súas dúbidas  e desconfianza a hora de colaborar en campañas solidarias? Eu diríalles que se fíen, se alguén engana ao pedir os que se enganan son eles mesmos; pero os que dan nunca se enganan porque llo dan Deus.    

Agradecémoslle a Sor Prudencia o tempo que nos adicou, a amabilidade e sinceridade coa que contestou as nosas preguntas. Cremos que é un exemplo a seguir, que con 85 anos  siga adicando o seu tempo os máis necesitados dunha forma desinteresada, colaborando como voluntaria en Misións e tamén no colexio facendo as suas horas na portería, collendo o teléfono, abrindoa porta sempre cun sorriso, a suas visitas a clase en algunha tutoría para traernos revistas e animarnos sempre a ser solidarios e a estudiar. GRAZAS. 


A encargada das campañas solidarias no colexio é Sor Mercedes Fieira Sánchez, e a ela tamén lle quixemos preguntar sobre o tema.

 
  1. Vostede leva poco tempo no colexío, de onde ven? Levo tres anos no colexio, estiven 23 anos en Asturias nun colexio, despois estiven 7 anos nunha gardería na que non me foi ben e logo no colexio actual, "La Purísima".

  1. Xa estivera destinada aquí antes? Non, só viñera de paso dúas veces co octavo curso daquelas, hoxe vai sendo 4º de ESO. Case non coñecía a cidade, unicamente viñera aquí as Burgas.

  1. Coñece persoalmente algunha das misións que as fillas da caridade teñen polo mundo? Non, porque nunca viaxei fora, algunhas das misións que coñezo son:
-Guinea Ecuatorial, alí hai un colexio moi grande que leva unha das súas compañeiras e tamén hai un centro de saúde.
-Angola (Ruanda), as misións das irmás alí e ir as aldeas a atender os enfermos e axudar nas escolas.
-Burundi, había unha irmá, que xa falleceu pero que facía de todo (comadroa, profesora, axudaba no hospital...)


  1. É a encargada de misións no centro. En que consiste o seu traballo? Bueno...antes de marchar Sor Puri era a encargada das misións do centro e cando marchou fíxenme cargo eu. Aceptei porque isto era un servicio máis. Unhas das miñas labores é seleccionar os materiais que nos viñan das campañas e darllos aos titores, tamén pego os murais e ofrezo as revistas "Gesto" e trato de facer campañas e mentalizar aos xóvenes para ir por exemplo cas uchas cando é a campaña do Domund. Outra das campañas que se realizan é a da Santa Infacia, que vai dende infantil ata 6º de primaria e realizase o mesmo que na anterior. Actualmente, estamos ca de Manos Unidas e fago o mesmo dándolle ideas aos titores para que traballen nas tutorías.

  1. Que se fai co diñeiro que se recauda o día do bocata? Envaso o diñeiro en cartuchos, cando todo está recollido, levoo a Caixa Nova e eles mándano a delegación de misións. Dende alí mándano aos sitios que máis o precisan aínda que a maioría da xente as veces desconfía da finalidade dos cartos.

  1. Que lle diría os meus compañeiros ou a aquelas persoas que non confían en que o diñeiro recaudado se destine correctamente?  Diríalles que o diñeiro recaudado segundo que campaña, vai a diferentes lugares:
-Domund: vai ao terceiro mundo, porque lles fai moita falla, cada ano a un continente determinado, este ano tocou Oceanía.
-Día do bocata: empléase para promover proxectos xa que é de Manos Unidas e envíase para ser utilizado en sanidade porque é un dos sectores prioritarios de actuación.


Agradecémoslle a Sor Mercedes o tempo que nos adicou, a amabilidade coa que nos recibiu, as súas explicacións detalladas sobre todo o preguntado e o vir preparada traéndonos un papel con información sobre Manos Unidas e dúas revistas sobre o tema. Grazas. 



Entrevista realizada por : Beatriz Nóvoa e Andrea Fernández.
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario