Gandhi expandía polo mundo as súas ideas de Paz e os seus proxectos de sociedade non violenta, baseándose na palabra como arma de forza maior. Esas persoas que matan con armas, bombas. . . e que logo se senten orgullosos do que fixeron, non teñen nin chisco de vergoña.
Aínda que, non só son eles os que non cumpren a Paz; nós, tamén cando nos pelexamos, discutimos, contestamos mal... tampouco estamos a procurar a Paz. Non é o mesmo que o que fan esas persoas, pero o certo é que
a Paz empeza dentro de cada un de nós.
A pomba é símbolo da Paz dende os tempos da "Arca de Noé", tal como se relata na Biblia. Os textos sagrados contan que despois do gran diluvio, Noé mandou a unha pomba para que, a través dela, se puidese coñecer en que condicións quedara a terra despois do terrible suceso que o obrigou a encerrarse na arca.
A pomba regresou traendo unha rama de oliveira no pico, signo de que había árbores que non estaban cubertas polo mar, e que polo tanto xa podían deixar a arca para volver vivir en terra firme. A pomba anunciou que o perigo desaparecera.
Actualmente, máis alá das diferenzas de raza, cultura e relixión, o Símbolo da Pomba da Paz é coñecido universalmente.
Os hippys foron parte do movemento de contracultura na década dos 60. Adoptaron un modo de vida nómade, baseada no amor e a Paz a todo o seu actuar diario, renegaban do nacionalismo e a Guerra de Vietnam, tomaban aspectos de relixións como o budismo, o hinduísmo, e tamén buscaban transformar a sociedade, para lograr unha comunidade onde a Paz e o amor fosen o máis importante.
"Ata as escopetas cando son disparadas, retroceden asustadas polo que acaban de facer"
Felicidades ás redactoras. O texto fai un fermoso repaso a esta conmemoración e satisface a curiosidade sobre a orixe da pomba.
ResponderEliminarGustáronme especialmente as verbas elexidas para o remate deste "compromiso". Pensade que son moitos os que se senten tamén "comprometidos" e por iso o teñen presente na súa obra: nas páxinas dun libro, nas secuencias dunha película, nas letras das cancións...