Como sabedes esta semana estamos de entroido, e o que non debe faltar na nosa mesa a hora de xantar é unha boa bandexa de orellas para comer en familia.
A forma máis sinxela de preparalas é esta:
A forma máis sinxela de preparalas é esta:
Ingredientes
- 4 ovos
- 3 culleradas de azucre
- 6 culleradas de aceite
- 1 chorriño de anis
- 1 sobre de levadura
Preparación
-Primeiro bótase todo nun bol, excepto a fariña e bátese todo ben
-O seguinte paso é engadir a fariña pouco a pouco mentras removemos
Despois continuamos engadindo fariña ata que a masa non se pegue as nosas mans, pero tampouco debe quedar dura
-Deixamos levedar a masa 1 hora como mínimo
-A continuación, estirámola moi ben, cortámola e fritímola en abundante aceite
-Por último botamos por enriba azucre e canela
E estes son os pasos para facer unhas orellas riquísimas, eu fíxenas ca axuda da miña nai que é unha gran cociñeira e seguro que as vosas vos saen tamén moi ricas, espero que esta receita vos axude para facelas.
Por Andrea Fernández, 3º da ESO
Por Andrea Fernández, 3º da ESO
Nunca fixen orellas, pero deste entroido non pasa. Estupendo o paso a paso. Un saúdo as cociñeiras e grazas pola receita.
ResponderEliminar