Mostrando entradas con la etiqueta A nosa cidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A nosa cidade. Mostrar todas las entradas

2012/08/31

Clausura da exposición: As cidades da miña ledicia


     Tedes ata mediados de setembro para ver a exposición de pintura, que a nosa profe de plástica, Susi, realiza no Museo Municipal. 


Ademáis, podedes unirvos hoxe a este roteiro e disfrutar da nosa cidade.

2012/06/15

Exposición de pintura no Museo Municipal. A ARTISTA é a nosa profe de plástica, Susi


Susi, a profesora de plástica na ESO, inagurou onte a exposición de pintura "as cidades da miña ledicia" no Museo Municipal. Estará todo o verán, así que non tedes desculpa para achegarvos e desfrutar do seu impresionante traballo.

"El Museo de Ourense acoge la muestra de María Jesús Ballester sobre viajes" La Voz de Galicia


MUSEO MUNICIPAL DE OURENSE
     Rúa Lepanto, 8 (preto da Catedral)
Horario:
    11 a 13:30 h. e de 18 a 21 h.
    Domingo: 11 a 13.30 h.
    Luns e festivos:cerrado
Prezo: gratuíto 


grazas por compartir con nós os teus éxitos e a túa ilusión

2012/05/29

Termalismo

O venres, os alumnos de 3º e 4º da ESO, asistiron a unha charla onde Alberto lles explicou a importancia das fontes termais, a súa orixe, propiedades e aproveitamento.

Moi interesante, sobre todo vivindo nunha cidade cunha gran riqueza termal, con numerosos manantiais aproveitados durante milenios.

Aprendemos unha morea de cousas, e... acordádevos que tamén nos puxeron deberes!!  Enclave??? Rapidiño o buscamos e llo poñemos nun comentario.


Chegada a Outariz

De vez en cando unha paradiña para aprender algo interesante

Unha mañá espectacular para pasear ó carón do Río


Temperatura da auga no río, 18,5ºC
Fran realiza a medición
 Temp nesta poza preto dos 50ºC (Alba)
Temp da auga nunha greta, 59,9ºC