Mostrando entradas con la etiqueta Ciencias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ciencias. Mostrar todas las entradas

2012/03/02

Astronomía : unha ollada ó ceo

Astronomía (do grego: αστρονομία = άστρον + νόμος, etimolóxicamente a "lei das estrelas") é a ciencia que se ocupa do estudo dos corpos celestes, os seus movementos, os fenómenos ligados a eles, o seu rexistro e a investigación da súa orixe.



Os alumnos de 4º da ESO asistiron este mércores a unha charla sobre astronomía, observación solar incluida . Resultou moi interesante escoitar a Jose Antonio, un afeccionado a astronomía que compartiu connosco os seus coñecementos. Se che interesa esta ciencia podes coñecer máis na A.A.O. (Asociacion de Astronomía de Ourense), pincha aquí.

Estas son algunhas curiosidades que nos contaron.  Sabías que...?
  • O sol é unha estrela, e a súa luz tarda 8 min en chegar a Terra
  • Hai estrelas brancas, amarelas, azuis, marróns, vermellas,...
  • As estrelas van medrando ata explotar
  • Caen toneladas de pequenas partículas, do espazo exterior á Terra cada ano
  • O sol chegará a ser unha xigante vermella
  • A lúa non rota, senón que se traslada arredor da Terra
  • No noso sistema solar hai catro planetas con aneis
  • Coñecer as estrelas e a natureza, axudaranos a orientarnos
  • O sol está na metade da súa vida
  • O sol formouse a partir dunha nebulosa
  • Non podemos tomar fotografías da Vía Láctea, xa que non existe ningún medio de transporte que poida saír dela
  • Nunha das lúas de Xupiter, detectáronse indicios de que baixo a capa de xeo pode existir algunha forma de vida
  • A observación solar témola que facer cun telescopio solar, apto únicamente para ver esta estrela 
  • ...




Poder dispoñer deste telescopio solar e observar unha imaxe distinta e máis real do Sol, foi todo un privilexio.

2012/02/29

2012: Ano bisesto




Un ano común dura 365 días, pero o tempo que tarda a Terra en dar unha volta completa arredor do Sol é de 365 días e 6 horas aproximadamente. A duración exacta é de 365 días 5 horas 48 minutos e 45,25 segundos (365,242190402 días). 

 

Para correxir este desfase, establecéronse os anos bisestos, que consisten en engadir, cada catro años, un día ao mes máis curto (febreiro), de forma que un ano bisesto ten 366 días en total.




No ano 46 antes de Cristo, o emperador Xulio César aprobou o calendario xuliano que incorporou o ano bisesto. O seu sucesor, o calendario gregoriano, incluiu anos bisestos cada catro anos, según un ciclo de 400 anos. A maioría de países foi adoptando este calendario, fixando o primeiro día do ano o 1 de xaneiro.

No calendario xuliano considerábanse bisestos os anos divisibles entre catro. Así, o ano xuliano duraba 365 días + 1/4 = 365,25 días. Pero seguía habendo un desfase debido a que un ano non dura exactamente 365,25 días, senón un pouco menos, de modo que no actual calendario gregoriano adaptáronse novas regras para o cálculo dos anos bisestos.

Segundo o calendario gregoriano, a regra para os anos bisestos é a seguinte:

Un ano é bisesto se é divisible entre 4, excepto que sexa divisible entre 100. Pero si un ano é divisible entre 100 e ademáis é divisible entre 400, tamén resulta bisesto. Esto elimina os anos de fin de siglo (que rematan en 00) divisibles entre 4 e 100.
Aínda así, segue habendo un pequeno desfase de 24,25 segundos por ano, co que se supón que dentro de 3000 anos terase acumulado un día de máis. Pero esto non é completamente predecible xa que, nin as cifras son exactas, nin a velocidade de rotación da Terra se mantén constante ó longo dos séculos.

Por Álvaro de Luis- 2º da ESO

2012/02/03

O castiñeiro


Hoxe foron os alumnos de 3º da ESO quenes se achegaron a Aula da Natureza do Río Miño. Asistimos a unha charla sobre o castiñeiro, árbore moi ligada a historia de Galicia.

Cantas cousas recordas? Ponte a proba aquí

Tamén participamos nun taller de cestería. A elaboración deste peixe non supuxo demasiada dificultade, para ser o noso primeiro contacto con este oficio, aprobado xeral, aínda que se nos puxeran nota... houbo peixes de matrícula e outros de aprobado polos pelos!!


 

Déronnos un castiñeiro a cada un, e unhas cantas indicacións para plantalo e conseguir que teña una vida longa.  

2012/01/19

O mel

Na Aula da Natureza do río Miño

 Onte, os alumnos de 2º da ESO asistiron a unha charla-taller sobre o mel, levada a cabo por un apicultor profesional.

Falounos do marabilloso mundo das abellas e dos produtos cos que nos obsequian. Ata nos deu a probar mel e cada un fixo a sua propia candea con cera dos paneis. Unha experiencia para repetir. 




O mel que probamos é de urce e procede da Serra do Suído. Posúe certificación ecolóxica, pola ausencia de contaminantes na área que percorren as abellas.



Paneis de cera






Colocamos a mecha

Os apicultores colocan estes paneis de cera reciclada nas colmeas, para facilitar o traballo das abellas.

Facemos un rolo 

Poñemos un anaco de cera de base














Aprendemos unha morea de cousas. Sabías que...?
  • os exipcios foron o primeiro pobo do que temos constancia de que recolectase mel
  • so hai unha abella raíña na colmea, pode vivir ata 5 anos e é a única femia fértil
  • para que naza unha raíña, as obreiras alimentan unha larva só con xalea real
  • todas as larvas son alimentadas durante tres días con xalea real
  • os zánganos viven arredor de 30 días, non teñen aguillón, proceden dos ovos que non foron fecundados e a súa función e fecundar a raíña
  • os záganos viven en primavera-verán
  • as obreiras viven arredor de 30 días, son as que máis abundan na colmea e non son fértiles
  • unha colmea pode ter ata 50 000 abellas, a maioría obreiras
  • cando as obreiras saen a recoller polen, néctar, auga ou propóleo poden afastarse ata 10 km da súa casa
  • as obreiras saen da colmea arredor do día 21 despois de nacer
  • as abellas comunícanse cos seus movementos, realizan distintos tipos de danzas, en círculo ou en forma de oito, para indicar ás demáis a localización exacta dun punto
  • a temperatura dentro da colmea é duns 35ºC
  • as abellas teñen cinco ollos, dous deles son ollos compostos e ven as imaxes multiplicadas
  • cos pesticidas desoriéntanse, non conseguen regresar á colmea e morren
  • unha das funcións máis importantes que realizan no medio e a polinización das plantas, sen estes insectos moitas deixarían de existir

2011/12/02

Semana da ciencia











A semana pasada tivemos no cole a nosa particular Semana da Ciencia. Os alumnos de 4º da ESO prepararon, por parellas, unha serie de pequenos experimentos e fixeron de profes cos seus compañeiros de 3º e 2º da ESO. Resultou unha actividade divertida, onde todos se implicaron, fixérono moi ben, e por suposto aprendemos un montón de cousas sobre ...
  • a tensión superficial nos líquidos
  • o centro de gravidade dos obxectos
  • a presión atmosférica
  • como afecta a temperatura ós gases
  • a relación entre presión e superficie
  • as reacción químicas
  • a refracción da luz
  • ...............
























Os alumnos de catro cursos de EP tamén se pasaron polo laboratorio. Estaban encantados, moi atentos as explicacións, sorprendidos e con moito interés por saber, por descubrir, por experimentar. A maioría saía do laboratorio querendo ser "científico" dicíanme; quen sabe, pode que entre eles estea un gran físico ou químico!! O importante foi potenciar neles a curiosidae natural que xa teñen, o interés por decubrir o porqué das cousas.

TAPADE AS ORELLAS!!! EHHHHHHH!!!






PARECE QUE ISTO VAI DE GLOBOS. QUE LLE PASA A ESTE ??????







Todos atentos que a profe vai facer maxia.


A MAXIA NON EXISTE

ISTO É CIENCIA


2011/11/13

ISTO NON É MAXIA É CIENCIA

Semana da Ciencia no colexio A Purísima

Aproveitando que este é o Ano Internacional da Química , os alumnos de 4º de ESO realizarán unha serie de experimentos e posteriormente darán a explicación oportuna.

O taller de química terá lugar a semana do 21 ao 25 de novembro, no laboratorio do noso colexio, e a él asistirán distintos grupos de alumnos da ESO e EP.

2011/11/10

O lobo, coñecelo

Os alumnos de 2º da ESO, asistiron hoxe a unha charla sobre o lobo na Aula da natureza do río Miño.
Faláronnos da bioloxía e fisioloxía deste mamífero, da súa alimentación, lugares onde se atopa, facendo especial referencia ó noroeste peninsular, das ameazas da especie, da sua relación co home e da importancia deste depredador nos ecosistemas.

As explicacións, as imaxes e os vídeos sobre os seus comportamentos resultaron moi interesantes. Contáronnos que todo este material gráfico fora tomado de exemplares en liberdade, coa dificultade que iso supón.

As lendas sobre lobos, a mala fama que teñen e os desafortunados encontros cos gandeiros ou pastores nalgunha ocasión, orixinan falsas crenzas polas que son perseguidos. É importante coñecelo para poder ser críticos coas noticias, "falsas noticias" que podemos atopar algunhas veces na prensa, televisión,...

Curioso foi ter nas mans un cráneo de lobo, observar os afiados dentes dos que dispoñen para arrincar e desgarrar as súas presas. Destas aproveitan case todo, podendo chegar a comer 6 kg de carne dunha vez. Aínda que seguramente parte deste manxar regurxitarano para alimentar as súas crías.

Os mastíns, expertos en coidar aos rebaños de ovellas, levan colares coma estes que os protexen en caso de ter un cara a cara co lobo, pouco habitual cando o lobo sabe que este can anda preto.
Hai sitio para todos. Tomando as medidas axeitadas, podemos convivir sen ningún problema con esta especie.

"...pensaba que eran moi agresivos e perigosos, pero descubrín que favorecen moito os ecosistemas e non son tan malos como pensan moitas persoas" (Lucia S)

"...encantoume porque o lobo é un dos meus animais preferidos y gústame saber cousas sobre el. Gustoume observar o cráneo e os videos que se amosaron. Son animais moi interesantes." (Guillermo A)

"...pensei que o lobo pesaba máis, un máximo de 45kg, e normalmente entre 35-40kg" (Álvaro de L)

"...os machos son máis grandes cas femias, poden chegar a pesar uns 45kg e medir 1,20 m." (Melanie D)

"...non son tan malos como din, e o ver as persoas escapan co rabo entre as pernas" (MLuisa R)

"...o lobo ibérico é moi importante nos ecosistemas, foi moi interesante" (Ángela A)

"...eu pensaba que eran moito máis agresivos e que non escapaban tan fácilmente."(Lara C)

"...pensaba que os lobos eran máis perigosos e descubrín que non o son tanto. Chamoume a atención que os cans matan máis gando que os lobos." (Aarón S)

"Chamoume a atención que teñan un cráneo tan pequeno, e que pesan bastante pouco,como moito uns 45kg, que só unha parella da manada se reproduce e a media das camadas é de 5 lobos." (Ana P)

"cambiou a miña opinión sobre os lobos, se os deixamos vivir en liberdade, eles non teñen porque facernos mal" (Beatriz L)

"...o que máis me sorprendeu foi o cráneo, pensei que sería máis grande." (Pablo C)


"...moita xente pensa que son eles os causantes da morte do gando, e non sempre o son." (Alejandro R)

"...a mala fama que teñen, moitas veces é mentira, coma o de que atacan ó home..." (Sara F)

"...os lobos habitaron moitos lugares, e agora quedan poucos exemplares." (Pablo D)

"...pensaba que atacaban as persoas, e resulta que escapan delas" (Carmen G)


"...descubrín moitas cousas sobre un animal tan importante nos ecosistemas, e que non é tan malo como o pintan" (Martín G)

"...os medios de comunicación esaxeran sobre os lobos" (Beatriz P)

"...o lobo non está moi ben visto, porque é un gran depredador" (Álvaro A)


"...case todo o mundo odia os lobos, pero non son tan malos" (Melissa G)

"...temos que respetar aos lobos" (Jorge J)