Como sabedes esta semana estamos de entroido, e o que non debe faltar na nosa mesa a hora de xantar é unha boa bandexa de orellas para comer en familia.
A forma máis sinxela de preparalas é esta:
A forma máis sinxela de preparalas é esta:
Ingredientes
- 4 ovos
- 3 culleradas de azucre
- 6 culleradas de aceite
- 1 chorriño de anis
- 1 sobre de levadura
Preparación
-Primeiro bótase todo nun bol, excepto a fariña e bátese todo ben

-O seguinte paso é engadir a fariña pouco a pouco mentras removemos

Despois continuamos engadindo fariña ata que a masa non se pegue as nosas mans, pero tampouco debe quedar dura

-Deixamos levedar a masa 1 hora como mínimo
-A continuación, estirámola moi ben, cortámola e fritímola en abundante aceite


-Por último botamos por enriba azucre e canela
E estes son os pasos para facer unhas orellas riquísimas, eu fíxenas ca axuda da miña nai que é unha gran cociñeira e seguro que as vosas vos saen tamén moi ricas, espero que esta receita vos axude para facelas.
Por Andrea Fernández, 3º da ESO
Por Andrea Fernández, 3º da ESO




