Mostrando entradas con la etiqueta Para pensar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Para pensar. Mostrar todas las entradas

2013/01/27

2012/06/01

- Un refresco, por favor

Cantidade de azucre que conteñen
Hai refrescos que teñen 600 calorías, case a metade das recomendadas diariamente.

Fotografía e noticia completa en "El País Digital"

2012/05/21

Plásticos, a morte nos océanos

Un pequeno documental de apenas 4 min. Saca as túas propias conclusións, pero que non te deixe indiferente.

Midway é un atol situado no Pacífico Norte, unha barreira de corais en forma de anel,con numerosos illotes de area, que proporcionan hábitat a miles de aves mariñas, os albatros.

A máis de 2000 km do continente máis próximo, non impide que cheguen toneladas de basura da nosa sociedade consumista, que acaban nos estómagos dos bebés albatros. As crías son alimentadas con cantidades letais de plástico polos seus pais, que confunden o lixo flotante sobre o Océano Pacífico contaminado.

Para min, axeonllando sobre os seus cadáveres é como mirar para un espello macabro. Estas aves son reflexo do noso consumismo e crecemento industrial descontrolado. Os albatros, coma nós, carecen da capacidade para discernir o que é máis nutritivo do que é tóxico para as nosas vidas e os nosos espíritos. Morreu enganado cos nosos residuos.
(Chris Jordan,fotógrafo)