Mostrando entradas con la etiqueta Teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Teatro. Mostrar todas las entradas

2012/06/28

A nosa versión do musical "O Rei León"


     Os alumnos de 3º da ESO, dirixidos pola profesora de música, Marta e en colaboración coa profesora de plástica, Susi e os alumnos de 1º e 2º da ESO,  fixeron a súa particular versión do musical O Rei León. Deseñaron o vestiario, a decoración do escenario, os bailes,elaboraron as personaxes do teatro de sombras e movéronas con mestría; a creatividade destes rapaces merece o noso respecto e sincera felicitación. 

    O filme conta a traxedia de Hamlet en Shakespeare, protagonizado por un león en África. Tanto a película coma a súa impresionante banda sonora forman xa parte da nosa memoria cinematográfica.


PARABÉNS!!!

2012/06/08

AXÓUXERE DESPIDE AOS COMPAÑEIROS DE 4º DA ESO


      Este ano, deixan o grupo os actores e actrices de 4º da ESO, moitas grazas polas vosas fantásticas actuacións e moitísima sorte a todos!

Sara, Francisco, Lucía e Tomás, en O enfermo imaxinario

     O grupo de teatro do colexio, Axóuxere, sorprendeu este curso escolar con dúas obriñas e un contacontos.




     A primeira obra Informativo especial de Nadal, un tanto lonxe no tempo; e  O enfermo Imaxinariocon motivo da semana cultural das Letras Galegas, non deixaron indiferente a ninguén. Por outo lado, o contacontos A vaca que puxo un ovolevou o sorriso aos cativos do colexio.

Aquí tedes a todos: Carmen, Ana, Bea, Lucía, Tomás, Sara G, Sara F, Francisco e Iria.

      Agardamos os traballos de Axóuxere para o vindeiro curso , e animámolos moito nas súas andainas artísticas.


2012/05/19

O ENFERMO IMAXINARIO

       A obra do xenial dramaturgo francés Molière, puxo fin a unha semana de festa adicada ás Letras Galegas.  O grupo de teatro do colexio AXÓUXERE, agasallou ós alumnos da ESO e a 6º de EP, cunha adaptación de O enfermo Imaxinario.


       


         
          Temos que felicitar a todos os actores e actrices de AXÓUXERE, polo seu excelente traballo:Lucía, Sara G, Tomás, Francisco, Ana, Carmen, Sara F, Beatriz, Iria, Montse e Ánxela, PARABÉNS!!! 





      

     Unha mención especial para as profesoras Ángeles e Mª Paz, que puxeron todo o     
  esforzo e a ilusión na obra. Magnífica a  representación, a posta en escea, a música, o  vestiario... 
  Destacou ademais a colaboración da  profesora Susi, na preparación do atrezzo.

2012/05/17

CONTACONTOS


           Dentro das actividades da Semana Cultural das Letras Galegas, os estudantes de 4º da ESO,  agasallaron cun contacontos ós seus compañeiros de 1º, 2º e 3º da ESO.
     

          A autora deste extraordinario relato foi a alumna Moraima Bóveda Domínguez, que creou unha historia cargada de acontecementos terroríficos.

            A historia sorprendeu moito a todos, estudantes e profesores.   

Ó final, eles eran os únicos que quedaban con vida ...    
non por moito tempo!!

Que ocorreu con estes seres? e por que
acodían cada mércores ó colexio? 
            
    

2012/05/16

Teatro de monicreques

Teatro de monicreques "Xanela"

O teatro de monicreques "Xanela", foi o proxecto para a Semana Cultural das Letras Galegas dos alumnos de 3º da ESO.     Representamos o conto "A que sabe a lúa", un éxito entre os máis pequenos do cole.

Toda a clase participou no proxecto. Destacamos a Jennifer Pérez e Jasmín que se encargaron da fantástica decoración con moita ilusión. Tamén Andrea Pan, Alba Garrido e Andrea Fernández que se encargaron da montaxe do escenario, un traballo excelente. O resto participaron na elaboración dos personaxes.

O día antes do estreno, uffff, todo eran pequenos problemiñas, que nervios!! pero aínda que temos cousas que mellorar saíu xenial, e os pequenos estaban entusiasmados.

Parabéns a todos os que puxeron ilusión, ganas e esforzo neste bonito proxecto

Detrás do escenario

Narrador: Iván-Música: Bea


Alumnos de 2º EP despois da función

María, Marta, Andrea, Jennifer, Jasmín, Carmen, Bea, Iván.