2012/05/17

CONTACONTOS


           Dentro das actividades da Semana Cultural das Letras Galegas, os estudantes de 4º da ESO,  agasallaron cun contacontos ós seus compañeiros de 1º, 2º e 3º da ESO.
     

          A autora deste extraordinario relato foi a alumna Moraima Bóveda Domínguez, que creou unha historia cargada de acontecementos terroríficos.

            A historia sorprendeu moito a todos, estudantes e profesores.   

Ó final, eles eran os únicos que quedaban con vida ...    
non por moito tempo!!

Que ocorreu con estes seres? e por que
acodían cada mércores ó colexio? 
            
    

2012/05/16

Teatro de monicreques

Teatro de monicreques "Xanela"

O teatro de monicreques "Xanela", foi o proxecto para a Semana Cultural das Letras Galegas dos alumnos de 3º da ESO.     Representamos o conto "A que sabe a lúa", un éxito entre os máis pequenos do cole.

Toda a clase participou no proxecto. Destacamos a Jennifer Pérez e Jasmín que se encargaron da fantástica decoración con moita ilusión. Tamén Andrea Pan, Alba Garrido e Andrea Fernández que se encargaron da montaxe do escenario, un traballo excelente. O resto participaron na elaboración dos personaxes.

O día antes do estreno, uffff, todo eran pequenos problemiñas, que nervios!! pero aínda que temos cousas que mellorar saíu xenial, e os pequenos estaban entusiasmados.

Parabéns a todos os que puxeron ilusión, ganas e esforzo neste bonito proxecto

Detrás do escenario

Narrador: Iván-Música: Bea


Alumnos de 2º EP despois da función

María, Marta, Andrea, Jennifer, Jasmín, Carmen, Bea, Iván.


2012/05/04

Gústame ler

A miña afición pola lectura empezou, cando en 1º da E.S.O, pola segunda avaliación, a profesora de Lingua Castelá, mandounos ler "Historia de un Segundo". Gustoume moito, aínda que é unha novela romántica, e a min gústanme máis as novelas de acción, aventuras ou de misterio.

Como non teño moito tempo, leo nos cambios de clase e ás veces antes de deitarme.


Para escoller un libro vou a biblioteca e collo algún que me recomendan, ou en ocasións déixanmos os compañeiros. Gústame ler os libros de un en un, porque se les varios á vez, non te enteras de nada. Para min, a lectura é unha forma de pasar o tempo, se che gusta un libro, o tempo pasa voando.

O último libro que lin foi "El Testamento Maya"de Steve Alten. Foi o libro que máis me gustou de todos. É moi interesante e engánchate dende o principio. Agora estou lendo "El Medallón del Arconte"de Anne Laure Bondoux, que tamén é longo, pero estame a gustar bastante.




Por Pablo Domínguez, 2º da ESO