2012/09/17

O noso lema para este curso - Vida e Ecoloxía




 











Celebra a vida máis alá das deficiencias, das limitacións, das imperfeccións, sempre dende o esforzo por mantela e mellorala.

Que o teu percorrido te encha de ledicia, para atopar o lado positivo de todos os momentos que te sorprendan no camiño.

Agradece a vida como un regalo único que debemos valorar e respectar.




2012/09/03

Curso 2012-2013

Queda pouco para comezar outro curso.

Cústanos un pouco volver a esta rutina, pero é importante comezar con ilusión. Si, claro que haberá que estudar, que organizarse ben, pero aprenderemos cousas novas e interesantes, pasarémolo xenial e compartiremos cos amigos, cos compañeiros e cos profes momentos inesquecibles.

Recórdovos algunhas datas

  • Podedes recoller os libros os días 4 e 5, de 10h-13h. Preguntade por titora/or
  • A entrega de notas dos exames de setembro, será o vindeiro venres, día 7, nas clases, de 10h a 13h.
  • Comezamos o curso o luns 17, de 10h-13h. A partir deste día o horario será o de todo o curso.

2012/08/31

Clausura da exposición: As cidades da miña ledicia


     Tedes ata mediados de setembro para ver a exposición de pintura, que a nosa profe de plástica, Susi, realiza no Museo Municipal. 


Ademáis, podedes unirvos hoxe a este roteiro e disfrutar da nosa cidade.