2012/05/31

Lapis e papel: un paseo pola Historia da escritura e os seus soportes

     Onte, os alumnos do 2º ciclo de secundaria, tivemos a saída didáctica deste terceiro trimestre. Aproveitamos o día para facer unha pequena, pero apaixonante viaxe que nos levou dende os inicios das representacións escritas ata a actualidade; orixes da escritura, códigos que usaban, materiais que empregaban para escribir,...

     O museo Verbum é unha casa para as palabras, un lugar onde todos os interesados no mundo da linguaxe e a comunicación, poderán achegarse dunha forma lúdica pero rigorosa ao coñecemento dos idiomas, da literatura e dunha infinidade de temas relacionados coas verbas.

     Interesante e didáctico, resultou o taller sobre “A Imprenta”.

     Creamos un pequeno texto (unha frase célebre) usando tipos móbiles e un tórculo moi especial.Tivemos que ter coidado de non deixar borróns, evitar viúvas (letras ou palabras descolgadas), e buscar un resultado estético. 

Menudo traballo!!! isto axúdanos a ser conscientes da importancia que supuxeron os avances técnicos neste campo.

 

 

 


Pola tarde praia; desconectamos, descansamos e collemos enerxía para rematar o curso

2012/05/29

Termalismo

O venres, os alumnos de 3º e 4º da ESO, asistiron a unha charla onde Alberto lles explicou a importancia das fontes termais, a súa orixe, propiedades e aproveitamento.

Moi interesante, sobre todo vivindo nunha cidade cunha gran riqueza termal, con numerosos manantiais aproveitados durante milenios.

Aprendemos unha morea de cousas, e... acordádevos que tamén nos puxeron deberes!!  Enclave??? Rapidiño o buscamos e llo poñemos nun comentario.


Chegada a Outariz

De vez en cando unha paradiña para aprender algo interesante

Unha mañá espectacular para pasear ó carón do Río


Temperatura da auga no río, 18,5ºC
Fran realiza a medición
 Temp nesta poza preto dos 50ºC (Alba)
Temp da auga nunha greta, 59,9ºC














2012/05/23

XIV Certame de Contos e Narración Curta e V Certame de Ilustración; Letras Galegas 2012

Neste concurso organizado pola Concellería de Educación do Concello, no que cada ano participamos sempre levamos premios, nada estraño vendo as aptitudes dos nosos alumnos!!

A semana pasada tivo lugar a entrega de premios e libros impresos do XIV Certame de Contos e Narración Curta e debuxos enmarcados aos gañadores do V Certame de Ilustración.

Este ano 2012, tivemos dúas premiadas, na modalidade de ilustración de narración curta, unhas verdadeiras artistas, parabéns!!
     
    Vanesa e Ana



    1º PREMIO: Ana Pereiro Cabido, 1º da ESO pola súa ilustración da narración curta "Gústame mirar as nubes", narración pola que Vanesa obtivo o 1º premio o ano pasado 


        
          
    Paloma e Iria






    Accésit: Iria Alonso Feijoo,1º da ESO, pola súa ilustración    da narración curta "Sería mentira se fose verdade", narración pola que Paloma obtivo un accésit o ano pasado






    Tamén entregaron os premios do ano pasado, Letras Galegas 2011, nos que arrasamos!!!! 6 premiadas!!!

    unha na modalidade de conto, e 5 na modalidade de narración curta, todos os desta modalidade!!!  Ahí queda eso!!!!!

    Nuria (2ªesq)



    María (2ªesq)
    Modalidade de conto

    Accésit: Nuria Vázquez Morales de 5ºEP, "Unha cidade para pasalo ben"



    Patricia



    Modalidade de narración curta
    • 1º premio: Vanesa David Cucho de 4º da ESO, "Gústame mirar as nubes"
    • 2º premio: Patricia Garrido de 3º da ESO                   " A Vista de Paxariño"
    • Accésit: Iván Martínez de 2º da ESO                        "Martiño pola ruta da Esmorga"
    • Accésit: María Rodríguez de 4º da ESO                           "O Pepiño da Burga"
    • Accésit: Paloma Rodríguez de 4º da ESO                  "Sería mentira se fose verdade"

    Nuria, Vanesa, Paloma, María, Patricia, Ana, Iria


    Patricia, Nuria, María, Ana e Iria

    "Unhas artistas coa pluma e co pincel"