2012/08/31

Clausura da exposición: As cidades da miña ledicia


     Tedes ata mediados de setembro para ver a exposición de pintura, que a nosa profe de plástica, Susi, realiza no Museo Municipal. 


Ademáis, podedes unirvos hoxe a este roteiro e disfrutar da nosa cidade.

2012/06/29

Vacacións - Verán 2012


Que pasedes un bo verán, desfrutando da cidade, da praia, da montaña, da familia, dos amigos,...



 



E aqueles que tamén lle tedes que adicar algo de tempo ó estudo, lembrade as datas dos exámenes en setembro. 

Sorte a todos!


2012/06/28

A nosa versión do musical "O Rei León"


     Os alumnos de 3º da ESO, dirixidos pola profesora de música, Marta e en colaboración coa profesora de plástica, Susi e os alumnos de 1º e 2º da ESO,  fixeron a súa particular versión do musical O Rei León. Deseñaron o vestiario, a decoración do escenario, os bailes,elaboraron as personaxes do teatro de sombras e movéronas con mestría; a creatividade destes rapaces merece o noso respecto e sincera felicitación. 

    O filme conta a traxedia de Hamlet en Shakespeare, protagonizado por un león en África. Tanto a película coma a súa impresionante banda sonora forman xa parte da nosa memoria cinematográfica.


PARABÉNS!!!